lunes, 17 de septiembre de 2018

Radio na escola

Comezamos o curso con moitas novidades! Hoxe puidéchedes descubrir unha delas...Radioescola!
Cada mañá ao chegar e antes de subir ás aulas poderedes escoitar as novidades do día, da semana ou do mes a través da voz de cada un de vos. Noticias de prensa, excursións, concurso, actividades da escola ou do barrio, participación en actividades, conmemoracións... Estaredes ao día do que se coce no colexio dende primeira hora da mañá!
 Cada curso será o encargado de transmitir a información un día diferente da semana. Dende Infantil ata 6º escoitaremos as voces dos diferentes locutores transmitindo información antes da música de entrada. 

Aproveito para recordar que, como xa sabedes, a música tamén conta cun buzón de suxerencias. Así que se queredes entrar nas clases ao ritmo da vosa canción preferida só tedes que pedila! O mesmo as familias.

Agardo que vos gusten as novas propostas! Seguiremos sorprendéndovos! Estade atentos ;)

No hay comentarios:

Publicar un comentario