La ratita presumida El príncipe rana Lobo y los 7 cabritillos Libro de la selva Aladino y la lampara maravillosa El gato con botas Peterpan Cenicienta 3 cerditos Bella y bestia Gansel y gretel Mago de oz Barba azul El jorobado de norte dame Liebre y tortuga La princesa y el guisante La cigarra y la hormiga Los 6 cisnes La abeja maya Alicia en el país de las maravillas El principito Ricitos de oro y los 3 ositos Las habichuelas mágicas La gallinita roja La gallina de los huevos de oro La balanza de plata El rey sabio Pulgarcito Garbancito Las 3 princesas negras La bella durmiente El mago merlin Heidi
Blancanieves
Grazas a tod@s por participar! Damos os parabéns a Mariña Brea Pérez (1º B) e ao seu irmán Uxío por ser os que máis se achegaron a resposta!
Ler fainos únicos.
Cada vez que abrimos un libro, cada
un de nós atópase co resto da
humanidade, coas persoas do noso
tempo e con aqueloutras que viviron
hai centos de anos. Todos, os que
están e os que xa non están,
atopámonos para sempre entre as
palabras. E ninguén le o mesmo libro,
porque os libros fálannos distinto a
cada un de nós.
Cada libro que lemos queda gardado
no noso peito como semente, paxaro
ou xabarín. E sempre, ás veces moitos
anos despois, remata por saír,
levando algo de nós.
Bos días! Hoxe 22 de abril celébrase o Día da Terra. É unha gran oportunidade para promover a reciclaxe, o coidado de animais e plantas e do entorno en xeral; aforrar enerxía; ou coidar a agua e non contaminala.
Deixámosvos propostas de actividades, xogos e contos para conmemorar este día:
ACTIVIDADES:
1. Crear un ambientador ecolóxico.
2. Fabricar papel reciclado
3. Investigar sobre animais en perigo de extinción.
4. Colocar diferentes papeleiras para reciclar na casa.
Últimos días para mandar as túas respostas! O 23 de abril publicaremos as respostas e o nome do alumno/a que máis contos adiviñara. Lembrade que son 34 contos clásicos.
(Material de Lado, material didáctico)
Recordámosvos tamén que temos abertos dous retos:
Reto 1. Recrea a portada dun conto.
Reto 2. Mándanos unha foto lendo.
Estánnos chegando as vosas recreaccións de portadas de libros! Están xenial, sodes uns xenios. A vindeira semana publicarémolas todas. Os que aínda non a fixechedes, agardamos pola vosa proposta!
Mentres deixámosvos estes vídeos onde contan historias xogando cos títulos.
Os profes seguimos ao voso carón dende a distancia! Animándovos día a día e acompañándovos nestes días tan especiais. Esta semana queremos empezala cunha mensaxe de ánimo Come on! que quixemos representar a través de este vídeo que fixemos para tod@s vos con todo o noso cariño!
Fermosa poesía da man de Martín Carreira da aula das xoaniñas, cun poema de Manuel María, O arco da vella, que escenifica a través de ese precioso material.
Dende
1967, o 2 de abril, coincidindo coa data do nacemento do escritor danés Hans
Christian Andersen, o IBBY promove a celebración do Día Internacional do Libro
Infantil co fin de dar a coñecer os bos libros infantís e xuvenís e a lectura
entre os máis novos.
Cada ano, unha sección nacional do IBBY ten a oportunidade de ser a patrocinadora internacional do Día do Libro Infantil e selecciona a un escritor representativo e a un recoñecido ilustrador do seu país para que elaboren a mensaxe dirixida a todos os nenos e nenas do mundo.
Este ano lle corresponde a sección de Eslovenia (en 2019 foi Lituania), que difunde a mensaxe de Peter Svetina (co título de «Hambre de palabras»), ilustrado por Damijan Stepančič.
Coñeces a Hans
Christian Andersen?
Foi o creador dalgúns
dos contos clásicos infantís máis lidos en todo o mundo como o Patito Feo, Pulgarcita, o
Soldado de Chumbo ou a Sirenita e que tamén foron levados ao teatro e á gran pantalla.
Foi un escritor, abocado á literatura infantil, a cal se coñece nos cinco continentes, ademais, os seus libros foron traducidos a máis de oitenta idiomas.
PARA CONMEMORALO DEIXAMOSVOS ESTA CURTAMETRAXE DE ANIMACIÓN Á LECTURA QUE AGARDAMOS QUE VOS GUSTE.