jueves, 23 de abril de 2020

DÍA MUNDIAL DO LIBRO

Ler fainos únicos. Cada vez que abrimos un libro, cada un de nós atópase co resto da humanidade, coas persoas do noso tempo e con aqueloutras que viviron hai centos de anos. Todos, os que están e os que xa non están, atopámonos para sempre entre as palabras. E ninguén le o mesmo libro, porque os libros fálannos distinto a cada un de nós. Cada libro que lemos queda gardado no noso peito como semente, paxaro ou xabarín. E sempre, ás veces moitos anos despois, remata por saír, levando algo de nós. 

Manuel Gago



No hay comentarios:

Publicar un comentario