Todos os anos no noso centro celebramos o Reto
Eu falo galego, no que durante dúas semanas nos comprometemos a falar en lingua galega. Este ano celebrarémolo dun xeito especial, sen chapa pero con bandeira.

Propoñémosvos
debuxar unha bandeira de Galicia e sacarvos unha foto con ela. Mandade a foto sacada en horizontal ao correo:
bibliomistos@gmail.com antes do 16 de maio. Coas fotos de todo o alumnado, profesorado e familias do centro crearemos un vídeo co himno galego de fondo que publicaremos no blog do cole o 17 de maio, conmemorando así a festa das Letras Galegas.

Esa bandeira podedes colocala nunha ventá ou nun lugar visible, recordando que durante estas semanas te comprometes a falar en galego. Eu falo galego! E ti? Animádevos a participar!
No hay comentarios:
Publicar un comentario