viernes, 14 de mayo de 2021
ROSCO LETRAS GALEGAS
miércoles, 12 de mayo de 2021
PASAPALABRA LETRAS GALEGAS 1º e 2º
Xa podedes xogar co pasapalabra das letras galegas. Elexide o voso ciclo e a xogar! Lembra coller lapis e papel para anotar as respostas.
lunes, 10 de mayo de 2021
Xela Arias
Durante esta semana coñeceremos a autora homenaxeda nas LETRAS GALEGAS. Se queredes saber un pouquiño máis podedes facelo a través destes xogos dos EDLG.
domingo, 9 de mayo de 2021
LETRAS GALEGAS: RETO DO GALEGO
Comezamos a semana que imos dedicar á celebración das nosas letras. Durante esta semana o alumnado levará a cabo o reto do galego, consistente en intentar empregar o galego nas nosas conversas diarias. Para recordarnos este compromiso, elaboramos unhas chapas que levaremos postas durante as dúas semanas que dure o reto, do 10 ao 23 de maio.
O deseño da chapa foi elaborado polo noso alumnado, de entre todas as propostas, xa temos a elexida. Parabéns Nuria!
lunes, 3 de mayo de 2021
Actividade de sensibilización ambiental “Unha Árbore, unha historia”
O grupo empresarial Vegalsa-Eroski organizou e patrocinou no centro a actividade de sensibilización ambiental “Unha Árbore, unha historia”, dirixida a escolares de Educación Primaria.
O obxectivo foi espertar e reforzar a sensibilidade polo medio das nenas e nenos de Primaria e constou de 3 partes.
1º Un concurso de relatos no que participaron os alumnos e alumnas de 4º de Primaria co tema: "Unha árbore, unha historia", e versou en torno ao valor da natureza nas nosas vidas, coas árbores como grandes protagonistas.
2º Un taller de escritura e natureza co obxectivo de introducir ao alumnado no territorio da escritura creativa e darlles ferramentas e motivación para enfrontarse á construción dos seus relatos. Foi impartido polo escritor e divulgador do ámbito da natureza, Antonio Sandoval Rey, autor, precisamente, do éxito editorial A árbore da escola (Kalandraka, 2016).
3º Plantación e irmandamento de árbores no patio do colexio.
Aquí vos deixamos os relatos dos gañadores. E un vídeo do día no que plantaron as árbores