lunes, 3 de mayo de 2021

Actividade de sensibilización ambiental “Unha Árbore, unha historia”

 O grupo empresarial Vegalsa-Eroski organizou  e patrocinou no centro  a actividade de sensibilización ambiental “Unha Árbore, unha historia”, dirixida a escolares de Educación Primaria. 

O obxectivo foi espertar e reforzar a sensibilidade polo medio das nenas e nenos de Primaria e constou de 3 partes.

1º Un  concurso de relatos no que participaron os alumnos e alumnas de 4º de Primaria co tema: "Unha árbore, unha historia", e versou  en torno ao valor da natureza nas nosas vidas, coas árbores como grandes protagonistas. 

2º Un taller de escritura e natureza co obxectivo de introducir ao alumnado no territorio da escritura creativa e darlles ferramentas e motivación para enfrontarse á construción dos seus relatos. Foi  impartido polo escritor e divulgador do ámbito da natureza, Antonio Sandoval Rey, autor, precisamente, do éxito editorial A árbore da escola (Kalandraka, 2016). 

3º Plantación e irmandamento  de árbores no patio do colexio. 

Aquí vos deixamos os relatos dos gañadores. E un vídeo do día no que plantaron as árbores


No hay comentarios:

Publicar un comentario