A semana do 21 ao 25 de febreiro celebraremos o ENTROIDO coa tradicional semana do Meco:
Cada día da semana o Meco fará un Mandadiño onde nos dirá con que atuendo debemos de vir á escolar.
A temática este ano versará sobre o Camiño de Santiago, polo que nos vestiremos de peregrinos/as, engadindo cada día unha prenda a proposta do MECO.
Cada día, dende o venres 18 de febreiro, iremos subindo unha entrada neste blogue onde poñeremos o MANDADIÑO para o día seguinte.
O venres 25 será unha xornada de festa, onde o disfraz será libre e que rematará cunha merenda de Entroido, polo que o alumnado poderá traer doces típicos destas festas: orellas, bica, filloas, croca...
No hay comentarios:
Publicar un comentario