miércoles, 20 de diciembre de 2023

viernes, 1 de diciembre de 2023

CALENDARIO DA HORTA

Calendario Nadal. Proyecto sementando

Este é o calendario de advento elaborado polo noso alumnado desde Infantil ata 6º de Primaria. Cada curso fixo un vídeo sobre a hortaliza, vexetal ou froita da súa clase, que se irán facendo visible a medida que pasen os días do mes de decembro. 

martes, 21 de noviembre de 2023

Xornada de formación

 O sábado tiveron lugar as Xornadas de formación de bibliotecas escolares de Galicia, punto de encontro do profesorado en torno a proxectos, dinamizacións e innovación nas biblios.


viernes, 17 de noviembre de 2023

CONTAVENRES 17 DE NOVEMBRO

Aquí os protagonistas de hoxe:
 
Cabaciñas  e velliñas
Lobos, leóns e osos

Comezamos os Contavenres


 Comezamos cos nosos Contavenres na hora do recreo. Este ano abrimos a posibilidade de que as familias tamén acudan a contar ou representar un conto con diferentes técnicas ( monicreques, kamishibai, teatro de sombras, representación, conto debuxando, relato oral, …). Se queredes participar escribide ao correo da biblioteca bibliomistos@gmail.com comunicando a vosa dispoñibilidade.

Hoxe representa o conto de Corre, corre cabaciña, alumnado de 6º de infantil A.

miércoles, 8 de noviembre de 2023

Visita das xogadoras do Dépor ABANCA

 O luns recibimos na nosa biblioteca ás xogadoras do deportivo, Cris Martínez e Paula Monteagudo acompañadas por Álex Bergantiños, conselleiro do RC Deportivo, e Inés Rey, alcaldesa de A Coruña para falarnos da xornada de este domingo e respostar as preguntas do noso alumnado.

Picade na imaxe para acceder a noticia completa. 


Samaín/Halloween

 

Túnel do terror e teatro na biblio "Big Pumpkin" durante a semana pasada e traballo  nas aulas das tradicións galega e inglesa. Tedes máis vídeos do Truco ou trato no blog de inglés.



jueves, 2 de noviembre de 2023

Formación do alumnado 1º A e 6º B

 Continuamos coas formacións, nesta ocasión do alumnado de 1º A, coñecendo as normas de uso da biblioteca e a colocación dos libros.


O alumnado de 6º B, xa é experto e profundizou no coñecemento da CDU e colocación dos libros de ficción por temáticas e cores.

viernes, 27 de octubre de 2023

SAMAÍN

 

Preparádevos para o Samaín, a vindeira semana estará chea de sorpresas Monstruosas... Agaradámosvos na biblioteca!


viernes, 20 de octubre de 2023

Axudantes de biblioteca

 Este curso estes serán os axudantes que colaborarán nas tarefas da biblioteca. Preparad@s para a apertura!


lunes, 15 de mayo de 2023

Reto do galego

Dende hoxe ata a semana que ven terá lugar o RETO DO GALEGO. O alumnado participante levará posta a chapa realizada na aula animándo a falar en galego, como símbolo do seu compromiso a comunicarse nesta lingua durante ao menos esta semana. Animámos ás familias a unirse tamén ao reto.

Este ano cada aula elixiu o seu propio deseño de entre os realizados nas aulas, aquí tedes ás gañadoras.




Contavenres 12 de maio: Un poco de mal humor