jueves, 4 de septiembre de 2025
Cambio de blog
martes, 24 de junio de 2025
Festa de fin de curso
O curso 2024-2025 chegou o seu fin, pero rematou da mellor forma posible cunha xornada de xogos en comunidade. Onde se puideron levar a cabo os últimos talleres relacionados coa nosa horta:
- Elaboración de batidos de piña e espinacas
- Estampación de herbas de San Xoán
- Visita e debuxos da fauna e flora da horta
lunes, 23 de junio de 2025
As nosas cantareiras
Grazas a todas aquelas mulleres que nos acompañástedes este curso na actividade de Cantareiras. Un anaquiño das vosas visitas queda visible na entrada co cole a través destes retratos que elaborou o alumnado de cada unha de vo
s.
jueves, 19 de junio de 2025
Entrega de diplomas
Chega o fin de curso e con el o peche da nosa biblioteca. Non sen antes agradecer o traballo do alumnado voluntario que colaborou más tarefas de xestión, organización e dinamización da biblio. Un placer contar con vos. Agardamos que sigades en contacto vos libros si longo das vosas vidas.
martes, 17 de junio de 2025
Recomendacións lectoras verán
Chega o tempo de verán e con el as lecturas ao aire libre. Unha vez máis gustaríanos contar con vós para crear unhas recomedacións lectoras compartidas. A través deste panel colaborativo convidámosvos a participar anotando un dos libros que máis guste nas vosas casas.
miércoles, 4 de junio de 2025
Koha
Este año a nosa biblioteca mudou o sistema de xestión dos fondos o que requeriu do reetiquetado de todos os exemplares así como da corrección do catálogo.
Por iso, estes últimos meses non se puido realizar o habitual préstamo no tempo de recreo.
Continuamos formándonos e traballando no proceso, pero temos unha nova que comunicarvos. Xa dispoñemos dunha nova páxina de acceso ao noso catálogo, dende onde ides a poder consultar os libros dispoñibles, as últimas adquisicións, os máis emprestados, etc.
O novo programa chámase KOHA, e funciona dun xeito similar ao das bibliotecas públicas municipais. Deixámovos o enlace para que poidades entrar. https://ceipvictorseoane.
jueves, 29 de mayo de 2025
PDI de centro: Colleitando
Este año a temática ao redor da que xiraron as propostas de todo o curso foi a nosa horta. En concreto, os animáis que viven nela, que deron nome a cada unha das aulas do cole. Como peche a este proxecto recibimos, en infantil e 1º ciclo, a visita de mundo bichos. Que nos achegou ás aulas animaliños para poder ver, tocar e sentir. Aprendendo a valorar e respetar a estos pequenos invertebrados, comprendendo o lugar que ocupan no noso planeta.
lunes, 26 de mayo de 2025
Teatro: Lingua de lata
Hoxe rematamos o noso reto das letras galegas cunha obra de teatro representada polo alumnado de 6º A de primaria "Lingua de lata". Facéndolle unha homenaxe á nosa lingua. Esta obra foi a presentada polo alumnado na mostra de teatro escolar do concello de A Coruña.
viernes, 16 de mayo de 2025
Cantareiras
Nesta ocasión relacionada co libro Cantareiras da editorial Polo Correo do vento.
Da man de Enrique Mauricio escoitamos a historia das mulleres homenaxeadas este ano polo día das Letras Galegas.
A narración estivo acompañada dos cantares de Aroa Pino que coa súa voz nos recreou cantigas da nosa Terra, as veces coa pandeireta ou as cunchas e outras coa botella de anís ou a lata de pementón.
Acompañando esta musicalización da historia, Alba Troiteiro realizou unha fermosa ilustración das Cantareiras.
E como toda foliada que se precie, a actividade rematou coa participación das familias e do alumnado, que se animaron a cantar e bailar algunha peza.
martes, 13 de mayo de 2025
Reto do galego
Comezamos co Reto do galego, comprometéndonos a empregar máis a nosa lingua durante estes 15 días. Para lembranos levaremos postas as chapas que elaboramos na aula.
Cada alumno/a creou a súa propia e entre todas saíron 4 elixidas, unha por cada ciclo.
En 3º ciclo (5º e 6º EP)

jueves, 8 de mayo de 2025
Sensibilización Carreira solidaria
Onte e hoxe o alumnado de primaria do centro recibiu a sensibilización de cara a Carreira solidaria que realizaremos mañá do centro, en colaboración coa asociación Meniños.
miércoles, 7 de mayo de 2025
Visita De Francisco Otis
O alumnado de 6º de primaria recibiu ao autor do libro que están lendo e que convertiron en obra teatral, Lingua de lata para intercambiar con el verbas en torno a lectura.
martes, 6 de mayo de 2025
jueves, 24 de abril de 2025
Formación Lectura e familias
Onte conmemoramos o día do libro na biblioteca, estreando formación para as familias con Sonia Hermida.
Estes foron algúns dos libros dos que falamos.
miércoles, 23 de abril de 2025
Visita do colegio Obradoiro
Recibimos al alumnado do colegio Obradoiro que veu a representar dúas obras de teatro, dentro da convocatoria Mostra de teatro escolar do concello.
Día do libro
23 de abril, día do libro
Hoxe recibimos ao colexio obradoiro que nos monstrará dúas obras de teatro "The true stroy of big bad wolf" e "Shooting stars and wishes" xa que o noso cole participa na XXXIV Mostra de teatro escolar do Concello de A Coruña.
martes, 22 de abril de 2025
Formación Sonia Hermida
Recordámosvos que mañá mércores 23 de abril, dende as 16:30h ata as 18:00h, teremos a formación con Sonia Hermida na biblioteca do cole.
Visita Antía Yañez
Hoxe recibimos a escritora Antía Yañez co seu libro Plan de rescate para conversar e compartir a súa andaina no mundo da literatura co alumnado de 4º de primaria.
lunes, 21 de abril de 2025
martes, 8 de abril de 2025
Visita Érica Esmorís
Hoxe o alumnado de 2º de primaria recibiu a escritora Érica Esmorís para conversar sobre o seu libro Analfabeta e compartir preguntas e vivencias en torno ás avoas.
jueves, 27 de marzo de 2025
Visita de Mauricio
O alumnado de 4 anos de infantil disfrutou dun conto ambientado na nosa contorna coa posterior ilustración do mesmo.
martes, 25 de marzo de 2025
Visita de Sabela Fernández
O pasado xoves 20 de marzo, o alumnado de 1º recibiu na biblioteca do cole á escritora Sabela Fernández Trelles despois de ler o seu libro Que queres ser de maior?
Comentaron con ela as súas inpresións sobre o libro intercambiaron ideas e xogaron coa imaxinación.








.png)









































