Este curso o noso centro participa na convocatoria "Lectura e familias" encamiñada a promover a vosa participación en experiencias de lectura e facilitarvos recursos para colaborar na formación dos vosos fillos e fillas como persoas lectoras. Coincidindo co Día do libro convidámosvos a participar nunha formación na que Sonia Hermida vos ofrecerá ideas e propostas prácticas sobre como acompañar aos vosos fillos e fillas no seu camiño lector. Se estades interesados en asistir, inscribídevos no seguinte formulario. As prazas son limitadas e serán asignadas por orde de inscripción. O prazo de inscripción é ata este venres 28 de marzo. Un saúdo.https://docs.google.com/forms/
lunes, 24 de marzo de 2025
Formación para as familias
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario