domingo, 3 de mayo de 2015

CRIATURAS 1

O nº 1 da revista  Criaturas, revista dixital de literatura infantil e xuvenil, está adicado ao humor.


Nela atopamos unha sección de crítica, artigos de fondo como "O humor na lix galega" de Mª Jesús Fernández, "O que se agacha detrás do teatro de Paula Carballeira" de Vázquez Freire, "Humor no teatro infantil e xuvenil contemporáneo", "Humor na literatura portuguesa", unha guía de lecturas de humor baixo o nome "Constelación: humor" ou a entrevista de Francisco Castro a Paula Carballeira.
Unha lectura moi recomendable. 


lunes, 27 de abril de 2015

TEATRO:XUÍZO AO LOBO

A clase de 2ºA, da man da súa profe Ana Arias, preparou unha representación teatral do xuízo ao Sr. Lobo donde Caperucita e a súa abuelita, os tres cerditos e os sete cabritillos acusábanno de non ser, precisamente, un "bo cidadán".

Botamos unhas boas risas con esta pequena obra tan entretida para os peques.

Con ela clausuramos a nosa Semana do Libro 2015. 
O ano que vén máis e mellor.




SEÑOR XUÍZ: Raúl, 

FISCAL: Rui, 

AVOGADO DEFENSOR: Isa,
ACUSADO SEÑOR LOBO: Vero.




CABRITILLOS: Antía e Irene.

MAMÁ: Clara





OS TRES CERDITOS: Jessica, Xiana e Alessandra.

CAPERUCITA: Sabela.

ABUELITA: Nailea.






 NORABOA RAPACES!!! BO TRABALLO!!!


viernes, 24 de abril de 2015

Como saber se unha páxina web é fiable

A biblioteca do CEIP Sofía Casanova  fixo un traballo moi interesante, para responder á pregunta:

Como saber se unha páxina web é fiable?


Dámoslle as grazas ao equipo de biblioteca do bufolector por compartir este traballo con todos  nós.

Rebumbio matemático

  Os alumnos de 6º estamos a participar no Rebumbio Matemático organizado por AGAPEMA (Asociación Galega do Profesorado de Educación Matemática).

    O Rebumbio é unha actividade de aproximación as matemáticas dun xeito distinto. Os problemas resólvense  cun traballo de grupo.

    A primeira fase desenvolveuse no colexio e participou todo o alumnado de sexto.

    Para a segunda fase soamente podía ir un equipo de tres participantes por cada aula.


    En 6º A clasificouse o equipo "Arquímedes" formado por Sara, Diego e Paula.

    En 6º B o equipo "Os matementes" formado por Gabriel, Lucía e Xurxo.


Hoxe foi a proba da fase de zona


Todos xuntos marchamos no autobús para o Fórum. 



Estabamos 31 equipos da Coruña.


Déronos a benvida e rápido a traballar.



Pasámolo moi ben; esperamos clasificarnos para a seguinte fase.


jueves, 23 de abril de 2015

APADRIÑAMENTO LECTOR

Cunha soa palabra definiríamos esta actividade: IMPRESIONANTE!!

OS PORQUÉS DA CIENCIA CO DR. QUESÍ E O DR. QUENO

Que risas botamos con estes dous rapaces, Diego  (4º) e Daniel (3º). Fixeron unha parodia con estes libros tolos que temos na biblioteca....

Menudas locuras que dicía o Dr. Queno!!! (Dani); que si o mar é azul porque hai unha alga que se chama azzulis, que si os eclipses son pq se funde a bombilla da Terra....Ay!! que tolo!!

Menos mal que tiñamos ao Dr. Quesí (Diego) para darnos unha explicación un pouco máis científica e seria sobre estes e outros porqués da astronomía e da ciencia.


Esperamos volver a velos pronto!!!

TEATRO DE SOMBRAS: "PÉTALA"

Que marabilla!! Que éxito tiveron Ana e Noa, mestras de Infantil, co seu teatriño de sombras.

Os cursos de 1º e 3º ciclo tiveron a sorte de poder disfrutar con elas a súa Hora de Ler nesta semana tan especial adicada aos libros.


Elixiron o conto de "Pétala" que trata  o problema da escasez de auga, un recurso esencial para a vida e a conservación do medio ambiente. 

"Un día Pétala va a regar las plantas y descubre que no hay agua. Dispuesta a averiguar el motivo, vuela hasta las nubes y se encuentra con que un tremendo dragón se ha apoderado de la casa de la lluvia… "