miércoles, 19 de octubre de 2022

Preparación dos contos para o Samaín

 O alumnado participante na actividade de lecturas de medo prepara os seus contos para a vindeira semana. Estamos desexando escoitarvos! 







viernes, 14 de octubre de 2022

Casting Lecturas de medo

 Finalizada a semana, remata tamén o casting de lectura da nosa biblio. Moitas grazas a todos e todas as participantes. A vindeira semana comezaremos coas preparacións das lecturas para o tempo de Samaín. Seguide atent@s!


  

Festa de Magosto

 Anotade a data, porque este ano teremos festa rachada. 


jueves, 6 de octubre de 2022

Lecturas de medo

 Comezado o outono, achégase o tempo de Samaín e as historias de medo. Este ano queremos darlle relevancia a arte de contar e ler historias. Na semana do 10 ao 14 de outubro abriremos as portas da biblioteca durante as horas de ler para que o alumnado de 3º, 4º, 5º e 6º que queira poñerse a proba, veña a deleitarnos coa súa capacidade lectora e intepretativa. 

O alumnado voluntario preparará un conto coa axuda do equipo de biblioteca durante a semana do 17 ao 21 de outubro, e a derradeira semana do mes, terá lugar un contacontos diario. No que o alumnado participante leerá ao resto do centro. 

Durante esa semana tamén contaremos con diversas actividades relacionadas coa temática do Samaín: túnel do terror, exposición de contos de medo, concerto, etc.