martes, 8 de abril de 2025

Visita Érica Esmorís

 Hoxe o alumnado de 2º de primaria recibiu a escritora Érica Esmorís para conversar sobre o seu libro Analfabeta e compartir preguntas e vivencias en torno ás avoas. 








jueves, 27 de marzo de 2025

Visita de Mauricio

 O alumnado de 4 anos de infantil disfrutou dun conto ambientado na nosa contorna coa posterior ilustración do mesmo.





martes, 25 de marzo de 2025

Visita de Sabela Fernández

 O pasado xoves 20 de marzo, o alumnado de 1º recibiu na biblioteca do cole á escritora Sabela Fernández Trelles despois de ler o seu libro Que queres ser de maior? 

Comentaron con ela as súas inpresións sobre o libro intercambiaron ideas e xogaron coa imaxinación. 





lunes, 24 de marzo de 2025

Formación para as familias

 Este curso o noso centro participa na convocatoria "Lectura e familias" encamiñada a promover a vosa participación en experiencias de lectura e facilitarvos recursos para colaborar na formación dos vosos fillos e fillas como persoas lectoras. Coincidindo co Día do libro convidámosvos a participar nunha formación na que Sonia Hermida vos ofrecerá ideas e propostas prácticas sobre como acompañar aos vosos fillos e fillas no seu camiño lector. Se estades interesados en asistir, inscribídevos no seguinte formulario. As prazas son limitadas e serán asignadas por orde de inscripción. O prazo de inscripción é ata este venres 28 de marzo. Un saúdo.

miércoles, 19 de marzo de 2025

Que lemos no Víctor?

 Estes son os itinerarios lectores do noso alumnado de primaria. Próximamente recibiremos a visita das escritoras  para achegarnos a súa obra e compartir con elas impresións sobre as lecturas.