martes, 28 de noviembre de 2017
Contacontos cultura xitana
Esta mañá o alumnado e profesorado de 5º A e B, tiveron a sorte de poder contar con Sebastián Porras e Manuel Cortés, que viñeron dende a Fundación Privada Pere Closa, de Catalunya.
Estiveron contándonos historias xitanas que falan de inclusión, de igualdade e da importancia da educación.
Tamén nos achegaron á orixe da étnia xitana, procedente da India e Pakistán dende hai máis de 6 séculos, ou á lingua Rromanó, común a todas as xitanas e xitanos espallados polo mundo.
Chaval, pinrel ou jalar, palabras que empregamos a diario, xurden de alí.
Esta actividade a realizouse grazas a un proxecto do Ministerio de Educación e a Universidade da Coruña.
miércoles, 15 de noviembre de 2017
NOVAS
Con motivo da #semanaciencia2017 a entrada aos museos científicos de A Coruña será de balde do 13 ao 19 de novembro.
Ademais terán lugar charlas, espectáculos científicos, presentacións literaria... Atent@s ás publicacións de actividades en
https://www.facebook.com/casaciencias/
Ademais terán lugar charlas, espectáculos científicos, presentacións literaria... Atent@s ás publicacións de actividades en
https://www.facebook.com/casaciencias/
sábado, 11 de noviembre de 2017
Maletas científicas
Co obxectivo de difundir os recursos da nosa biblioteca no ámbito científico (andeis do número 5, cor verde) e achegar a ciencia ao noso alumnado, este mes de novembro vai de experimentos.
Esta semana chegará a cada unha das aulas de primaria unha MALETA CIENTÍFICA que consta de libros de ciencia, materiais para a realización de experimentos e unhas follas de recollida de datos.
Preparad@s, list@s, comezamos!
Como clausura da actividade realizaremos unha FEIRA CIENTÍFICA escolar na que cada curso preparará un posto co seu experiemento.
Novembro: Mes da Ciencia en Galego nas Bibliotecas
Dende o 2014, a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria vén propoñendo a celebración do mes de novembro como Mes da Ciencia en Galego nas Bibliotecas, tamén nas bibliotecas escolares. Cada ano pídese a un científico ou a unha científica do país a redacción dun "manifesto" que se edita e distribúe a través dos medios web das bibliotecas.
A matermática Pregrina Quintela Estévez, Premio "María Joséfa Wonenburger Planells" 2016, foi a encargada de escribir o manifesto deste ano 2017.
A matermática Pregrina Quintela Estévez, Premio "María Joséfa Wonenburger Planells" 2016, foi a encargada de escribir o manifesto deste ano 2017.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)




