E coas recomendacións lectoras para este Nadal, despedímonos ata o ano que ven. FELICES FESTAS!
miércoles, 20 de diciembre de 2023
viernes, 1 de diciembre de 2023
martes, 21 de noviembre de 2023
Xornada de formación
O sábado tiveron lugar as Xornadas de formación de bibliotecas escolares de Galicia, punto de encontro do profesorado en torno a proxectos, dinamizacións e innovación nas biblios.
viernes, 17 de noviembre de 2023
Comezamos os Contavenres
Comezamos cos nosos Contavenres na hora do recreo. Este ano abrimos a posibilidade de que as familias tamén acudan a contar ou representar un conto con diferentes técnicas ( monicreques, kamishibai, teatro de sombras, representación, conto debuxando, relato oral, …). Se queredes participar escribide ao correo da biblioteca bibliomistos@gmail.com comunicando a vosa dispoñibilidade.
Hoxe representa o conto de Corre, corre cabaciña, alumnado de 6º de infantil A.
miércoles, 8 de noviembre de 2023
Visita das xogadoras do Dépor ABANCA
O luns recibimos na nosa biblioteca ás xogadoras do deportivo, Cris Martínez e Paula Monteagudo acompañadas por Álex Bergantiños, conselleiro do RC Deportivo, e Inés Rey, alcaldesa de A Coruña para falarnos da xornada de este domingo e respostar as preguntas do noso alumnado.
Picade na imaxe para acceder a noticia completa.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)



