miércoles, 14 de noviembre de 2018

HALLOWEEN

Este ano decidimos centrar a celebración de Halloween en Canadá, para dar continuidade ao proxecto no que estamos inmersos.
Cada curso preparou unha arrepiante receta para compartir co resto do alumnado nun mercado.
Durante a maña os nenos e nenas visitaron o mercado para saborear os distintos pratos terroríficos previo pago con dólares canadienes. Cada neno/a dispoñía de 2 dólares canadienses para gastar no que máis lle apeteceu. 
Os vendedores/as tiñan que explicar en que consistía a receta, cales eran os ingredientes e cal era o seu prezo.
Unha xenial e saborosa experiencia na que os rapaces e rapazas practicaron moito inglés, non sei se canadiense ou non!




No hay comentarios:

Publicar un comentario