miércoles, 14 de noviembre de 2018

NOVEMBRO: MES DA CIENCIA

Chegou Novembro e con el o mes da CIENCIA. Durante esta semana o acceso aos MUSEOS da cidade é gratuito. Unha boa oportunidade para facerlles unha visita! Se picades no científico podedes acceder a programación


Tamén se suman a esta celebración as BIBLIOTECAS MUNICIPAIS. Picando na seguinte imaxe podedes acceder ás diversas actividades que se ofertan.

As mulleres na ciencia: Mostra bibliográfica con motivo da celebración do Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia. 
- O xogo de Nano: Contacontos para coñecer as partes do corpo ao ritmo da musica, con Raquel Queizás. Para nenos e nenas de 0 a 3 anos.
- A maxia da ciencia. Ciencia Show:  Maxia e ciencia para amosar o lado divertido do coñecemento, con José Antonio Godoy. 
Planetario ciencia kids-fulldome space Proxección, con deformación xeodésica dentro dunha estrutura de domo para mergullarse nun mundo de ficción. Para nenos e nenas de máis de 3 anos. 
Contos en lingua de signos Por membros da Federación de persoas xordas de Galicia (FAXPG). 
- Rato canguro Contacontos pola igualdade, con Trinke trinke. Para nenos e nenas de máis de 3 anos. 


Para celebrar este mes como se merece invitámosvos a visitar esta selección de libros sobre experimentos, científicos, ciencia, ... onde seguro atopades algún libro que xa coñecedes e quizais outros que estades a puntiño de descubrir! Picade na imaxe para acceder. 




 "Para ser libre mediante a cultura, igual ca para facer boa ciencia, hai que ler".  Luís Navarro

No hay comentarios:

Publicar un comentario