martes, 2 de abril de 2019

DÍA DO AUTISMO

Hoxe o noso cole sumouse a celebración do DÍA DO AUTISMO, traballando co noso alumnado a diversidade.  A campaña de difusión deste ano propón realizar o símbolo infinito. Aquí vos deixamos a nosa particular forma de conmemoralo.  

Aproveitamos este día para estrear os PICTOGRAMAS que a partir de agora sinalizarán as dependencias do centro. Foron creados en colaboración co alumnado, facéndoos conscientes da necesidade de crear un entorno o máis inclusivo posible.
A NOSA BIBLIOTECA tamén se sumou á proposta sinalizando todos os seus espazos. Agardamos que sexan de gran utilidade.






Vídeos de concienciación:

Tedes maís información sobre o autismo nesta páxina https://diamundialautismo.com/.

No hay comentarios:

Publicar un comentario