martes, 2 de abril de 2019

DÍA DO LIBRO INFANTIL

Desde 1967, o 2 de abril, coincidindo coa data do nacemento do escritor danés Hans Christian Andersen, o IBBY promove a celebración do Día Internacional do Libro Infantil co fin de promocionar os bos libros infantiles e xuvenís e a lectura entre os máis xóvenes.
Cada ano, unha sección nacional do IBBY ten a oportunidade de ser a patrocinadora internacional do Día do Libro Infantil e selecciona un escritor representativo e a un recoñecido ilustrador do seu país para que elaboren a mensaxe dirixida a tod@s @s nen@s do mundo e o cartel que se distribúe por todo o mundo, e se promova a celebración nas bibliotecas, centros escolares, librerías, etc.
Este año correspóndelle á sección de Lituania (en 2018 foi Letonia), que difunde a mensaxe e a ilustración de Kęstutis Kasparavičius (1954).

No hay comentarios:

Publicar un comentario