Este xoves ...
martes, 9 de abril de 2019
jueves, 4 de abril de 2019
DÍA DO LIBRO
O semana do 23 de abril celebraremos o día do libro. Por iso no noso cole estamos preparando todo para ese día. Estas son algunhas das actividades que realizaremos:
1. Liberación de libros da biblioteca do centro e das aulas. Podedes levar para casa os que máis vos gusten. É unha forma de serguir dándolle uso.
Se tedes libros na casa que xa non usades e que pensades que poden pasar a mellor vida é unha boa ocasión para traelos ao cole e deixalos na mesa da entrada durante esa semana. Non dubidedes en botar unha ollada.
2. Agasallo de marcapáxinas ao pasar pola bibblioteca do cole. Ven a buscar un marcapáxinas que che acompañe na lectura dos teus libros.
3. BookTubers: concurso de recomendacións lectoras a través da canle de YouTube do cole. Cada curso realizará ao menos unha recomendación lectora dos seus libros favoritos a través dun breve vídeo. Poderedes velos expostos na parede do corredor da biblioteca.
4. Bibliopatio: durante esa semana sacaremos os contos ao patio para poder disfrutar da súa lectura durante as horas de recreo.
5. Suxestións lectoras: colocaremos no corcho de fora un mural no que facer a nosa aportación sobre os nosos libros favoritos. Anímate a participar! (Deixamos a parte alta para as familias)
Se tedes libros na casa que xa non usades e que pensades que poden pasar a mellor vida é unha boa ocasión para traelos ao cole e deixalos na mesa da entrada durante esa semana. Non dubidedes en botar unha ollada.
2. Agasallo de marcapáxinas ao pasar pola bibblioteca do cole. Ven a buscar un marcapáxinas que che acompañe na lectura dos teus libros.
4. Bibliopatio: durante esa semana sacaremos os contos ao patio para poder disfrutar da súa lectura durante as horas de recreo.
5. Suxestións lectoras: colocaremos no corcho de fora un mural no que facer a nosa aportación sobre os nosos libros favoritos. Anímate a participar! (Deixamos a parte alta para as familias)
miércoles, 3 de abril de 2019
Contos en familia
Tamara, a mamá de Mario, veu a contarnos o conto dos "Chibos, Chibóns" e "Bajar la luna del cielo". Estaban super atent@s para coñecer os finais. Grazas por participar!
martes, 2 de abril de 2019
DÍA DO AUTISMO
Hoxe o noso cole sumouse a celebración do DÍA DO AUTISMO, traballando co noso alumnado a diversidade. A campaña de difusión deste ano propón realizar o símbolo infinito. Aquí vos deixamos a nosa particular forma de conmemoralo.
Aproveitamos este día para estrear os PICTOGRAMAS que a partir de agora sinalizarán as dependencias do centro. Foron creados en colaboración co alumnado, facéndoos conscientes da necesidade de crear un entorno o máis inclusivo posible.
A NOSA BIBLIOTECA tamén se sumou á proposta sinalizando todos os seus espazos. Agardamos que sexan de gran utilidade.
Vídeos de concienciación:
Tedes maís información sobre o autismo nesta páxina https://diamundialautismo.com/.
DÍA DO LIBRO INFANTIL
Desde 1967, o 2 de abril, coincidindo coa data do nacemento do escritor danés Hans Christian Andersen, o IBBY promove a celebración do Día Internacional do Libro Infantil co fin de promocionar os bos libros infantiles e xuvenís e a lectura entre os máis xóvenes.
Cada ano, unha sección nacional do IBBY ten a oportunidade de ser a patrocinadora internacional do Día do Libro Infantil e selecciona un escritor representativo e a un recoñecido ilustrador do seu país para que elaboren a mensaxe dirixida a tod@s @s nen@s do mundo e o cartel que se distribúe por todo o mundo, e se promova a celebración nas bibliotecas, centros escolares, librerías, etc.
Este año correspóndelle á sección de Lituania (en 2018 foi Letonia), que difunde a mensaxe e a ilustración de Kęstutis Kasparavičius (1954).
Suscribirse a:
Entradas (Atom)











