sábado, 30 de abril de 2016

ARBORES POÉTICAS

Estamos a facer os nosos primeiros pinitos poéticos.
Comezamos facendo centóns, coas poesías de Rosalía e agora nos atrevemos cos pareados.



Animádevos a seguir escribindo.

martes, 26 de abril de 2016

REBUMBIO MATEMÁTICO

Aquí tedes ao equipo que se clasificou na fase de centro do Rebumbio matemático.



Acaban de chegar ao Forum, onde van a participar na fase de zona.

Un pouco de nervos mais moita alegría 


Por fin imos comezar.


A saída están moi orgullosos e contentos.

Atoparon a algúns amigos e están desexando pasar á seguinte fase.

FELICIDADES!!

lunes, 25 de abril de 2016

CONTOS EN FAMILIA: 18-22 ABRIL

Dende hai uns anos, ao longo do mes de abril, as nais, pais, avós, avoas, tías, tíos...estades invitados a vir contarnos contos na nosa hora de ler (10:40-11:00)

E como todos os anos, a nosa proposta é moi ben recibida por vós; e sempre temos que alongar o noso mes do libro ata o mes de maio. XENIAL!!!

Queremos animarvos a vir, seguir participando nesta actividade, disfrutar convosco das lecturas e dos nenos. Por iso, deixámosvos aquí unha mostra do que aconteceu nesta semana.


MES DO LIBRO CEIP VÍCTOR LÓPEZ SEOANE on PhotoPeach

domingo, 24 de abril de 2016

APADRIÑAMENTO LECTOR

Que mes mais incrible!
Seguimos coas actividades do mes dos libros. O xoves fixemos a actividade que mais lle gusta a o noso alumnado o APADRIÑAMENTO LECTOR. 

O luns e o martes os rapaces e rapazas maiores foron visitar e coñecer aos seus apadriñados. Xuntos pasaron pola biblioteca e escolleron os libros que mais lle gustaban aos pequenos. Por fin o xoves, o tempo acompañaba, baixamos ao patio e puidemos gozar dunhas lecturas moi moi entrañables.


Cando rematou a frase mais oída era "cando o imos repetir?"

sábado, 23 de abril de 2016

DÍA DO CONTO: ES UN LIBRO!!


O libro ideal para contar no noso DÍA DO CONTO para celebrar o DÍA DO LIBRO, a que si? 
Este é a nosa homenaxe aos libros de papel.


 "El pequeño asno, acostumbrado a la tecnología, no conoce lo que su amigo El mono tiene entre sus manos:"¿Envía mensajes?¿Sirve como blog? ¿Tiene Wi-Fi? ¿Tweetea?"... 
"¡No! ¡Es un libro!" 


Una idea sencilla y contundente que responde a todos aquellos que han profetizado el fin de los libros impresos.

Aquí deixámosvos o vídeo en inglés con subtítulos en español.

viernes, 22 de abril de 2016

FELIZ FEROZ

Hoxe recibimos a visita de Miguel e Alberto, autor e ilustrador da historia de "Feliz Feroz".



O alumnado de primeiro leron o libro e tanto lles gustou, que fixeron unha adaptación teatral do conto. Hoxe agasallaron aos autores, representando algunhas das escenas.







  Moitas grazas pola vosa visita e esperamos que nos podades presentar pronto o voso novo libro.

Podedes atopar mais información premendo aquí

miércoles, 20 de abril de 2016

Bibliomistos pola Coruña

O novo reto vai ser mais fácil que o anterior.
 Cando visitedes este lugar, se paseades polos arredores atoparedes a "Casa das palabras", antigamente chamada "Cemiterio dos mouros"



Esperamos as vosas fotos e recordade que podedes ver todas as fotos expostas no vestíbulo e nas escaleiras do centro.