viernes, 24 de febrero de 2012

Día de Rosalía de Castro

O 24 de Febreiro celebramos o Día de Rosalía no 175 aniversario do seu nacemento.



Rosalía de Castro, nada en Santiago de Compostela o 24 de febreiro de 1837 e finada en Padrón o 15 de xullo de 1885, é unha das máis importantes escritoras en lingua galega, así como tamén unha das principais responsables do Rexurdimento galego.
Rosalía viviu por tempadas en Ortoño e Padrón entre os nove e quince anos. En 1856 trasladouse a Madrid. Comezou a publicar e, en 1858 casou con Manuel Murguía, investigador, cronista e xornalista.
Rosalía de Castro escribiu tanto en prosa coma en verso, empregando o galego e o castelán.
A súa obra estivo profundamente marcada polas circunstancias que rodearon a súa vida: a súa orixe, os problemas económicos, a perda dos seus fillos e a súa fráxil saúde. Os seus poemas falan do amor, da soedade, da nosa terra, da nosa lingua, das nosas tradicións,...
O 17 de maio de 1863 foi publicado en Vigo , Cantares Gallegos, que constitúe o primeiro libro escrito en galego nunha época na que a lingua galega estaba extinta coma lingua escrita. O Día das Letras Galegas celébrase coincidindo coa data de publicación desta obra.
Outras obras
  • Follas Novas.
  • La flor.
  • A mi madre.
  • En las orillas del Sar.
  • El caballero de las botas azules.

No hay comentarios:

Publicar un comentario