lunes, 21 de mayo de 2012

Chrystyan Magic Atrapado na torre

O mago Chrystyan Magic presentounos o libro escrito por Xoán Babarro e Ana María Fernández  e ilustrado por Marta Rivera Ferner, "Chrystyan Magic Atrapado na torre".

Unha historia de aventuras, de intriga, de loita por facer realidade os soños...porque todos podemos chegar a ser o que desexamos con esforzo e mantendo viva a maxia que se agocha no noso interior.

  Chrystyan díxonos: desde cativo soñaba que era capaz de voar. Soñeino tantas veces e con tanta intensidade que non lembro se algunha vez conseguín voar de veras...
Teño a sensación de lograrlo, pero non sei se pola forza do meu desexo ou porque foi real.
Agora sei que a maxia, a verdadeira Maxia, permite voar e vivir emocionantes aventuras viaxando ata onde os nosos soños nos queran levar.


No hay comentarios:

Publicar un comentario