miércoles, 24 de octubre de 2012

DÍA DA BIBLIOTECA ESCOLAR

A biblioteca do colexio non para.
Todos os rapaces e rapazas do colexio puideron ver como quedou logo da reforma que se fixo durante o curso pasado.
Agora xa todos saben donde están os seus libros favoritos.
O equipo de biblioteca solicitou axudantes de biblioteca e temos tantas solicitudes que teremos que facer quendas!!

 Estamos encantados!!

 Hoxe celébrase o "DÍA INTERNACIONAL DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES". Para celebralo os nenos e nenas maiores do colexio foron por todas as clases e presentáronlles aos demais algúns dos libros que hai na biblioteca e invitáronlles a que fosen a velos a biblioteca. Aquí podedes ver unhas fotos da actividade.

Bibliomistos espéravos con impaciencia!!

1 comentario:

  1. Muchísimas gracias por fomentar la lectura en nuestros hijos. GRACIAS.

    ResponderEliminar