O próximo día 24 de febreiro fai 150 anos que se publicou por primeira vez "Cantares gallegos" o primeiro libro íntegro monolingüe do renacemento da lingua galega.
Nós, celebrarémolo durante toda a próxima semana lendo e recitando moitos dos seus poemas. Tamén escoitaremos varias das cancións, de diversos autores, con letras dos seus poemas.
Se queredes, poder ler Cantares gallegos.
A Asociación de escritoras e escritores galegos (AELG) preparou un vídeo moi interesante Todos con Rosalía
Podedes escoitar algunhas das cancións mais coñecidas con poemas de Rosalía:
Adiós ríos, adiós fontes
Negra sombra Luz Casal
"Adios ríos, adiós fontes" Amancio Prada
"Campanas de Bastabales" Amancio Prada
Has de cantar
Maio longo
Iste vaise
Un repoludo gaiteiro
As bibliotecas municipais sumanse a celebración deste día cun acto que se desenrolará na Biblioteca Municipal Ágora no que haberá "Lecturas de poemas de Rosalía de Castro" o sábado 23 de febreiro a partir do sete da tarde.
Gracias por estos enlaces que nos permiten escuchar tan bonitas canciones,gracias.
ResponderEliminar