miércoles, 28 de febrero de 2018

Contacontos en inglés e en galego


Hoxe o alumnado de 3 anos A tivo a sorte de escoitar un contacontos dobre, da man da avoa e da tía de Lucas.
 A súa tía, Leti, contounos un conto en inglés sobre dous peixiños, con elementos da praia (pedras, cunchas, caracolas,...) e animais (polbo, estrela de mar,...) e mesmo algún animal da xungla ou da sabana que quería colarse neste conto do fondo mariño. Despois ensinounos unha canción cos animais mariños. E aquí as imaxes.

A cotinuación, Merce, engaiolounos co conto "Os petos de Loreto" e un maravilloso mandilón cheo de petos recheos de cousas. Que sorpresa!


                                            

Moitísimas grazas pola vosa visita!

No hay comentarios:

Publicar un comentario