lunes, 20 de enero de 2020

Comezan as horas de ler en familia!

Dende o equipo de biblioteca do centro un ano máis convidámosvos a participar nas horas de ler do centro de 12:00 a 12:20h. Este ano a nosa proposta é sobre o teatro (títeres, teatro de sombras, teatro negro, kamishibai,...). Aquelas familias que queirades acudir ao centro a facer unha pequena representación teatral xunto co voso fillo/a na hora de ler, poderedes facelo poñéndovos en contacto co titor/a para socilitar data. No blog da biblioteca iremos colgando as fotos das vosas visitas. Agardámosvos!


Esta actividade durará ata o final de curso.

No hay comentarios:

Publicar un comentario