17 de maio: día das letras galegas
1. XINCANA DAS LETRAS GALEGAS
Dende o centro faremos mañá a nosa particular homenaxe ao poeta Florencio Delgado a través dunha xincana nas aulas de primaria na que o alumnado poñerá a proba os seus coñecementos sobre Florencio Delgado, as letras galegas e o galego. As probas serán as seguintes:
1- Wordle: adiviñar as palabras.
2- Sopa de letras.
3- Refráns: relacionar refrán e debuxo ou dicir/escribir refráns.
4- Crucigrama.
5- Cancións en galego: escoitar parte dunha das cancións que leva soando na entrada e saída do centro estes días, e ser quen de seguir cantando a letra.
Haberá premio para as clases que consigan rematar a xincana no tempo establecido. Sorte a todos/as!
O alumnado de infantil achegarase a cultura galega a través de xogos de mans, de corda, de comba... etc. cancións de sempre.
2. RETO DO GALEGO
A partir de mañá comezaremos tamén co noso tradicional Reto do galego. Durante estas dúas semanas o alumnado do centro levará posta a chapa do galego de este ano como símbolo de que se compromete a falar en galego.
3. RECREOS CON XOGOS POPULARES
Os recreos de esta semana farannos recordar tamén a nosa historia e das nosos anteopasados. Sacaremos os xogos populares para que o alumnado poida gozar con eles no tempo de ocio.
No hay comentarios:
Publicar un comentario