miércoles, 15 de mayo de 2024

Letras galegas: sementando palabras

 Este ano quixemos vencellar a celebración do día das Letras galegas co noso PDI A horta, festexando cun concerto especial o día 16 de maio da man de Brais das hortas para toda a rapazada.

Enmearcada nesta temática propuxose ao alumnado dos diferentes cursos do cole pensar naquelas palabras da nosa lingua que están quedando en desuso. 

Igual que hai que cultivar a terra para ter unha boa colleita, tamén temos que coidar da nosa fala. Por iso, de xeito simbòlico cada un dos cursos elixiu una palabra para “plantar “ e coidar. As sementes elexidas para a actividade son as de miosotis, coñecida comunmente como nonmeesquezas. E aquí podedes ver o resultado. 


No hay comentarios:

Publicar un comentario