miércoles, 23 de abril de 2014

Cóntame un conto

Bibliomistos está encantado.
Cóntanos que estes días están indo moitos mais nenos á biblioteca, que están moi inquedos buscando libros e que lles escoitou que llos van ler aos nenos mais pequenos.
Tamén nos conta que todos estes días, na biblioteca, hai moitos pais, nais,... contándolles contos aos rapaces.

Moitas grazas pola vosa colaboración.

El burro que metió la pata

"El burro que metió la pata" é un conto que escribiu Elena Poniatowska, escritora e periodista mexicana, que recibiu hoxe o premio mais prestixioso en lingua castela o Premio Cervantes.

Podedes escoitalo neste vídeo narrado pola propia autora

lunes, 21 de abril de 2014

Día do libro

O 23 de abril celébrase o "Día mundial do libro e dos dereitos de autor"
Este día, do ano 1616, foi o pasamento de dous grandes escritores internacionais: Cervantes e Shakespeare.
Irina Bokova, directora Xeral da UNESCO, afirma na súa mensaxe para este ano:  

«...A nosa finalidade está clara: alentar aos autores e artistas e velar por que a alfabetización e os formatos accesibles cheguen a máis mulleres e homes, porque os libros son as nosas ferramentas máis poderosas para erradicar a pobreza e construír a paz.»



Coma en anos anteriores, as Bibliotecas escolares galegas agasállanos cun marcapáxinas cun texto orixinal de Paco Martín.

 O código secreto que permite o acceso á sala de
mandos da nave espacial exploradora de futuros
itinerarios siderais.

A bambeante escada de corda e táboas coa que
abordar o áxil bergantín no que sucar mares ignotos
na procura do eterno tesouro da ilusión.

A estribeira na que pousar o pé para cabalgar o
airoso alazán de galope tendido cara ao horizonte
promisorio.

A fiestra aberta ao ar vivificador, franca aos saberes,
ao pensamento diverso, ao voo da imaxinación, á
descuberta venturosa de novos mundos, ao espello
substancial do propio ser....

O libro!


 Felices lecturas neste día das letras e no resto do ano!!!

domingo, 13 de abril de 2014

Cóntame un conto

Esta semana antes das vacacións foi unha semana máxica.
Durante toda a semana, recibimos a visita das nosas familias que viñeron a encher a nosa "Hora de ler" de fantasía.
Pola biblioteca e a aula de 5anos pasaron:
María, a nai de Guille, contounos "365 pingüinos"


Voamos con Eva, a nai de Xan, e o libro "Jake, la gaviota verde"


A avoa de Mario, fixonos pensar co conto "¿Me perdonas?"

Lorena e Olga, as nais de Elba e Ignacio, contáronnos unha historia moi emocionante "O xigante egoísta"

 
Moitas grazas a todas por eses momentos tan marabillosos.

Os tres bandidos

Que medo pasamos hoxe!!
Alba, coa axuda de varios compañeiros, contounos o conto "Os tres bandidos"
Maker/d9700233k9029432o2/os-tres-bandidos"><b>Os tres bandidos</b></a> - <i><a href="http://www.kizoa.es">Video Maker</a></i></div>


Xa vedes que ao final divertímonos moito.